logo paquebote
41 libros encontrados buscando autor: Xabier P. DoCampo

www.paquebote.com > Xabier P. DoCampo

Orden: · Ver: · Tipo:

ISBN:

978-84-9121-412-0

A chave das noces

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 176
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar. A aparición dun cadáver nas augas do porto virá interromper as súas actividades de investigador a comisión para verse metido nos turbios manexos dun grupo de «prestixiosos industriais da nosa cidade», como lles chaman os xornais. Entre a tépeda rede que tece Severo, o matón que fai os traballos sucios e cobre as costas dos patróns, Mauro irá descubrindo os puntos onde a droga e a prostitución conectan cos negocios «decentes», como tamén se entrecruzan os mundos da xuventude e dos adultos. Ao final saberemos quen son os que levan os beneficios e quen as miserias destas relacións.


ISBN:

978-84-9782-916-8

O libro das viaxes imaxinarias

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Cartonado 19,5 x 29 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos.
“Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato.” “Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto. Así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera Calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao Viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. Cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.


ISBN:

978-84-9914-207-4

O misterio das badaladas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.


ISBN:

978-84-9914-104-6

O país adormentado

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.(*CR*)No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia.(*CR*)As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.



ISBN:

978-84-9121-286-7

A nena do abrigo de astracán

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 400
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 21,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida… son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua. Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, A nena do abrigo de astracán reflicte un mundo que, aparentemente afastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde a toma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa ao seu autor como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.


ISBN:

84-9782-268-4

O armario novo de Rubén

Editorial: Xerais    Páginas: 64
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 7,20
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

"O armario novo de Rubén" A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu.
"Dacabalo da vasoira" Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver só tiña que ceiba-la man do rabo da vasoira.
"Xogando ás agachadas" Cinco irmáns xogaban ás agachadas e a un deles ocorréuselle meterse dentro dunha botella. Para saír tiña que agardar a estar máis fraco.
"Chegou un home moi grande" A Fordián chegou un home moi grande cun saco no lombo. Os nenos do lugar desecobren que leva no saco o azul do mar e o verde dos campos. O Brais, a quen todos trataban de parvo, foi o que recuperou o azul do mar e o verde do campo. "Bolsas, milleiros de bolsas" A señora Remedios vai gardando tódalas bolsas de plástico que lle dan nas tendas. Un día o vento entrou na casa e levoulle tódalas bolsas emporcallando a cidade; de noite, cando amainou o vento, a señora Remedios foi recollendo as bolsas que puido.


ISBN:

9788440311016

Os ollos de Ramón

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 60
Formato: Rústica
Precio: 8,00
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Ramón ten nos ollos un pequeno problema que se chama estrabismo; ser vesgo consiste en que cada ollo vai para un lado, como os amigos cando rifan. A xente deu en dicir que isto é un defecto, pero Ramón está moi contento porque ás veces os nenos da escola se meten con el e chámanle birollo, el pode ollar a un tempo dúas cousas que non estean xuntas e mesmo mesturalas para facer un mundo á medida dos seus desexos. E iso non fai calquera.
Mención en la Lista de Honor en los Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil 2001.


ISBN:

978-84-403-1225-9

Un burro, dous gatos e máis cousas

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 92
Formato: 19,5 x 12,5 cm.
Precio: 8,00
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Un burro, dous gatos e máis cousas. E iso é o que hai. Un burro que ten curiosidade por coñecer unha cidade. Un gato capaz de pasar calquera perigo con tal de ver a súa namorada. Outro gato lambón e desconfiado. E claro está, máis cousas: pedriñas máxicas, pobos que levitan, flores de cores e máis cores, e un monicreque e un cabaliño?
Unha ducia de contos para ler, para contar e para ler coma quen conta.



<<<anteriores  [31-40]  [41-41]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal